Friday 29 de March de 2024

‘Mil cousas que avanzan’, do alumnado do IES Maruxa Mallo, entre as 5 mellores curtas filmadas co móbil


O traballo preséntase ao concurso organizado pola Xunta de Galicia. Os autores solicitan a colaboración de veciños e veciñas para alzarse co premio
Mil cousas que avanzan’ é o título do traballo realizado por varios alumnos do IES Maruxa Mallo e co que se presentan ao Concurso de Curtas co Móbil Axenda 2020 convocado pola Xunta de Galicia. A día de hoxe xa se atopan entre os 5 primeiros clasificados entre case un total de 50 traballos presentados.
O concurso está organizado pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia. O gañador virá establecido en base ao número de ‘gústame’ que acade cada unha das filmacións ata o vindeiro venres día 19. Para votar é necesario facelo a través do Facebook de Amtega
(https://www.facebook.com/amtega/app_128953167177144). Os participantes de Ordes solicitan a colaboración de veciños, veciñas e todas e todos aqueles que consideren o seu traballo merecedor do voto.
En menos de 2 minutos ‘Mil cousas que avanzan’ amosa unha sucesión de imaxes comparativas entre elementos empregados por todos e todas no día a día e as súas versións actualizadas. Unha maneira de demostrar cun simple golpe de vista as facilidades e o avance que a tecnoloxía achega á sociedade.
A frase do escritor e filósofo Henri-Fréderic Amiel ‘Mil cousas avanzan. Novecentas noventa e nove retroceden’ é empregada para poñer o punto final a este traballo á par que inspira o seu título.